
A FGB vén de compartir fai ben pouco, con toda a comunidade do Basket Galego, a posibilidade de consultar, vía web, tres interesantes e emotivas publicacións, todas elas co baloncesto vigués e galego como característico nexo de unión.
Nadas na mente de Luis Alberto Rey Lama, ao que agradecemos enormemente a súa colaboración para poder facérvolas chegar, estas tres obras son mostra da numerosa bibliografía que o noso deporte ten a capacidade de recompilar.
Por este motivo, dende estas liñas, e tal e como xa o fixo Rey Lama, queremos animarvos a poñervos en contacto con nós, e ofrecervos a posibilidade de compartir entre todos as múltiples historias, ilustradas en diferentes soportes, que deron e dan vida ao baloncesto en Galicia. Anécdotas, curiosidades ou emotivas historias que tiveron lugar na pista.
Todo ten cabida na memoria colectiva do baloncesto na nosa Comunidade e, de seguro que con máis apoios para a súa divulgación, converteranse nun grata lembranza ou mesmo nunha ferramenta para a aprendizaxe colectiva. Exemplos actuais do simbólico deste propósito, como o é xa o libro “50 anos de Baloncesto en Galicia”, anímannos a continuar con esta idea.
Para canalizar esta acción permanece activo nesta web o apartado BALONCESTO GALEGO, un pequeno oco que prentende ser un “corpus crecente de información e recursos” que permita a maior expansión posible de todo o que rodeu ao noso deporte.