A Federación Galega de Baloncesto presenta nova imaxe para a súa páxina web

“Coincidindo coa celebración da Fase Final da XXI edición da Copa Galicia Sénior Feminina e da final da Copa Galicia EBA, dende a Federación Galega de Baloncesto renovamos a nosa principal plataforma de comunicación, co ánimo de que a mesma continúe a funcionar como o principal nexo de unión entre clubs, xogadores, adestradores, árbitros e afeccionados de toda a Comunidade Galega”.

“Reconstruímos a nosa imaxe conservando o noso espírito de traballo, mantendo a nosa atención constante sobre as diferentes parcelas que ocupan o Baloncesto Galego e exportando o que nelas acontece a todos os afeccionados galegos.

É indispensable reinventarse e reinterpretarse para madurar e avanzar da man dos novos tempos. Por isto, na miña oitava temporada ao fronte desta Federación era de xustiza revisar e readaptar a nosa presenza na rede, así como facela máis accesible.

A nova cara que hoxe vos presentamos forma parte, á súa vez, dunha estratexia de expansión indispensable tanto no ámbito deportivo como no social. Trátase do primeiro paso dun camiño a completar coa nosa maior ubicación nas redes sociais e con futuras accións que estamos xa a valorar e que nos estreitaran os lazos de toda a familia do deporte da Canastra en Galicia.

Agardando que desfrutedes desta transformación visual, convidámosvos a seguir gozando do Baloncesto”.

Francisco Martín Micó

Presidente Federación Galega de Baloncesto

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram