A Federación Galega de Baloncesto, da man do Proxecto Salvavidas, toma a iniciativa de cardioprotexer as súas instalacións con Desfibriladores como primeira medida para concienciar na importancia da incidencia da morte súbita no deporte.
Co obxectivo de emprender o camiño de cardioprotexer ao Baloncesto Galego, a FGB e Proxecto Salvavidas, principal programa de cardioprotección en España; asinan un convenio que comeza coa chegada de desfibriladores as súas sete oficinas, e que pretende crecer con diferentes accións orientadas aos clubs para facer visible o crucial que é o dispoñer dos aparatos precisos e coñecer o uso das técnicas de RCP.
O Presidente da FGB, Francisco Martín; e o Director de Operacións de Proxecto Salvavidas, Marco Antonio Rodríguez; rubricaron este convenio coa firme aposta de que a actual temporada 2021 – 2022 sexa para o Baloncesto Autonómico a do despegue na cardioprotección. Nesta liña, o Proxecto “Pulseras Salvavidas” orientado a que todos os clubs poidan optar á posibilidade de facerse co seu propio desfibrilador sen custe económico será o primeiro paso importante.
Salvar Vidas
En España ocorren máis de 30.000 paradas cardiorrespiratorias fóra dos hospitais. Cando suceden este tipo de incidentes disponse de escasos minutos para salvar una vida. De feito, por cada minuto que pasa sen recibir unha desfibrilación as probabilidades de supervivencia redúcense nun 10%. Dispor de aparatos, formación específica e mantemento dos equipos é vital.