A Federación Galega de Baloncesto continúa a súa aposta polo 3×3 e convoca o Campionato Galego 3×3 en categoría U17.
Con motivo da posta en marcha pola Federación Española de Baloncesto do Campionato de España de Clubs 3×3 para o rango de idade U17, a FGB estrea por primeira vez unha competición federada autonómica nesta disciplina.
Este novo Campionato Galego determinará aos clubs representantes da nosa Comunidade para o indicado campionato nacional establecido pola FEB.
Formato
O Campionato Galego de Clubs 3×3 U17 realizarase en varias fases, en formato concentración, e en sede designada pola propia Federación. O Sistema de Competición adaptarase ao número de equipos participantes, e a normativa de xogo regularase polas Bases da Federación Española de Baloncesto.
Calendario
As datas marcadas para a desputa deste novo Campionato Galego 3×3 U17 cubrirán as fins de semana do 22 de abril, o 14 de maio e a do 17 de maio, sendo esta última a da final.
Inscrición
Os Clubs interesados en participar neste Campionato Galego 3×3 U17 poderán tramitar a súa inscrición ata o 28 de marzo de 2023. Poderán competir con equipos masculinos e femininos, compostos por un mínimo de tres xogadores e un máximo de catro.Todos os detalles relativos a este proceso de inscrición poden consultarse na circular oficial nº 13 da FGB.