A Federación Galega de Baloncesto aborda coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade novas vías de colaboración

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, recibiu ao equipo directivo da FGB, encabezado polo Presidente, Julio Bernárdez.
  • Os representantes FGB presentaron á Conselleira as súas liñas de acción nos ámbito da igualdade, e en diferentes aspectos laborais, para o ciclo deportivo 2022-2026.

A Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; e a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, recibiron na tarde do martes aos máximos responsables do Baloncesto en Galicia.

O Presidente FGB, Julio Bernárdez; acompañado pola Vicepresidenta FGB, Susana García; a Secretaria Xeral, Susana Fiuza; o Delegado FGB, Jose Cobelo e a responsable de comunicación, María Iglesias; presentáronlles polo miúdo as propostas que a nova dirección do Baloncesto Galego desexa abordar no ámbito da igualdade e no campo formativo.

Entre as accións que a FGB proxecta realizar inclúense programas de impulso da igualdade en ámbitos como o arbitral e o educativo, así como no escenario da propia competición federada.

A importancia da introdución de referentes deportivos para as xogadoras e colexiadas máis novas, así como a análise das realidades da práctica do Baloncesto feminino na actualidade en Galicia serán tamén eixos importantes do traballo federativo neste escenario.

No marco destas iniciativas, ambas as entidades puxeron sobre a mesa as diferentes vías de materialización das mesmas, na busca de activar campañas comúns que reforcen o papel do Baloncesto e dos seus valores e capacidades como motor de igualdade.

O Presidente FGB non quixo pechar o seu encontro coa Conselleira e a Secretaria Xeral sen agradecer a súa receptividade ante os diferentes proxectos e amosou o seu compromiso de seguir traballando en comunicación constante coa Consellería.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram