A FEB súmase á dor pola traxedia de Santiago

Sumándose á dor que se vive en Galicia e en toda España pola traxedia vivida onte na capital galega, a FEB decidiu suspender a presenza do Road Show 2014 en Santiago de Compostela e A Coruña prevista para os próximos días.

O Road Show 2014, que estas semanas percorre as cidades sede dos partidos de preparación da Selección deste verán, tiña previsto instalarse na Coruña mañá venres e pasado mañá sábado, e trasladarse a Santiago de Compostela a próxima semana, o luns 29 e martes 30. A FEB decidiu cancelar ambas as citas, sumándose á dor provocada polo accidente ferroviario vivido onte en Santiago.

A través deste comunicado, en nome da gran familia do Baloncesto Español á que representa, a FEB quere facer chegar aos familiares e amigos das vítimas e a todos os santiagueses en xeral as nosas máis sentidas condolencias.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram