A Federación Española de Baloncesto confirmou esta mesma mañá de mércores, 14 de agosto, a presenza na Liga Adecco Prata 2013 – 2014 de Marín PeixeGalego.
Unha vez revisada a documentación precisa presentada para a inscrición e comprobado por parte da Comisión Delegada que se cumpren todos os requisitos esixidos polo Regulamento Xeral e de Competicións, a FEB inscribe ao equipo de Marín nunha competición, a Adecco Prata, que este ano contará, polo tanto, con dous equipos galegos: Club Xuventude Baloncesto e o recen confirmado Marín PeixeGalego.