A Fase de Ascenso a Liga Feminina viaxa a Lugo

(Foto: FEB)

(Foto: FEB)

Despexáronse as dúbidas e por fin podemos anunciar que a Fase de Ascenso á Liga Feminina celebrarase en Lugo baixo a organización do Porta XI Ensino.

A Federación Española de Baloncesto deu a coñecer esta mema tarde esta designación, a cal supón unha grata noticia para o baloncesto lucense e, por suposto, galego.

O equipo da cidade da muralla, que dirixe Jose Jesús Vázquez Mougán, será o anfitrión dunha Fase na que tamén estará o C.B. Arxil, segundo representante galego nesta decisoria competición.

Xunto a eles comparecerán polo ascenso entre o 23 e o 26 de abril: GDKO Bizkaia, León Cuna del Parlamentarismo, C.R.E.F. ¡Hola!, Fundal Alcobendas, Grupo EM Leganés e Plenilunio D.O.

Os grupos de xogo están xa determinados pola clasificación e estarán compostos por catro equipos cada un. Xogarase unha liguilla a unha volta e os dous primeiros clasificaranse para as finais, en forma de aspa (1º Grupo 1 vs 2º Grupo 2 e 2º Grupo 1 vs 1º Grupo 2)

Grupo 1: GDKO Bizkaia, Fundal Alcobendas, Grupo EM Leganés, León Cuna del Parlamentarismo.
Grupo 2: C.R.E.F. ¡Hola!, Durán Maquinaria Ensino, CB Arxil, e Plenilunio D.O.

O sorteo que determinará a orde dos grupos para a elaboración do calendario celebrarase na sede da FEB este martes, 14 de abril, ás 16:00 horas.

Lugo recollerá a testemuña de Logroño, Cáceres, Huelva e Zamora, as últimas catro localidades onde se celebrou a Fase Final da competición. A última vez que se disputou en Galicia foi na temporada 2009/2010, na localidade de Vilagarcía de Arousa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram