A expedición galega cadete, camiño a Zaragoza

As Seleccións Galegas Cadetes viaxan este mércores a Zaragoza dispostas a disputar alí, dende a xornada de mañá, tres de xaneiro, o Campionato de España.

Na localidade maña, os nosos combinados vivirán a súa experiencia deportiva integrados na categoría Especial, competindo contra os mellores e tomando así boa medida do seu nivel.

Os 12 galegos e as 12 galegas escollidas para representar á nosa Comunidade nas pistas e pavillóns zaragozanos chegarán na tarde noite de hoxe á esta cidade, na que lles agarda o seguinte e intenso calendario:

Selección Galega Cadete Masculina – Categoría Especial

2º Xornada
Galicia – Illas Baleares (03/01/13 – 19:30 horas)

3º Xornada
Aragón – Galicia – Extremadura (04/01/13 – 12:00 horas)

4º Xornada
Galicia – Cataluña (04/01/13 – 19:30 h)

5º Xornada
País Vasco- Galicia (05/01/13 – 11:00 h)

Selección Galega Cadete Feminina – Categoría Especial

1º Xornada
Galicia – Castilla León (03/01/13) – 10:00 h)

2º Xornada
Madrid- Galicia (03/01/13 – 17:30 h)

4º Xornada
Galicia – Navarra (04/01/13 – 17:30 h)

5º Xornada
Cataluña- Galicia (05/01/13 – 09:00 h)

Pistoletazo de saída oficial
A organización do Campionato de España celebrará ao longo do día de hoxe os primeiros actos oficiais do Campionato.

Ás 10.00 h darase inicio a cita deportiva coa súa presentación oficial ante os medios de comunicación. Posteriormente, ao longo de toda a tarde, a sede de operación das diferentes selección, o Hotel Diagonal, irá recibindo aos equipos e procederase a acreditación dos xogadores.

Todo en marcha pois para que Zaragoza sexa a capital do baloncesto español durante cinco intensos días.

Campionato de España Seleccións Autonómicas Cadetes – Calendario.
Selección Galega Cadete Feminina – Zaragoza 2013.
Selección Galega Cadete Masculina – Zaragoza 2013

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram