A estrutura das Seleccións Galegas, completa e a pleno rendemento

A Área Deportiva FGB completa o cadro de traballo das Seleccións Galegas de Base na presente temporada. A designación dos adestradores que se farán cargo da categoría Minibasket ultima a estrutura, que conta cos infantís e cadetes xa en activo.

Os técnicos Javier Cotelo (E.D.B. Baloncesto Laracha) e Diana Fernández (AD Cortegada), en categoría masculina e feminina, respectivamente; serán os encargados de tutelar o ciclo 15 – 16 das Seleccións Galegas Minis.

Diana Fernández, que repite reto por segundo ano consecutivo, e Javier Cotelo, que regresa á dinámica das Seleccións Galegas cinco anos despois da súa última presenza como técnico nas mesmas, comezarán a traballar en decembro arroupados polo seguinte equipo:

Selección Galega Minibasket Masculina

Axudante: Ivan Villaverde (C.B. Artai)

Delegado: Daniel Fuentes (Estudiantes Pontevedra)

Selección Galega Minibasket Feminina

Axudante: Román Gómez (Maristas Coruña).

Delegada: Paula Fernández (Compañía de María Vigo).

Infantís e Cadetes, en marcha
Estas seis incorporacións reforzan un grupo técnico encabezado polos seus compañeiros de categoría infantil e cadete, os cales, precisamente esta fin de semana (un e dous de novembro), teñen dobre cita cos adestramentos e cun total de 56 xogadores preseleccionados, cuxos datos poden consultarse nos documentos que se achegan.

Preselección Infantil Masculina: Tui, 1 e 2/11/15
Preselección Cadete Masculina: Tui, 1 e 2/11/15
Preselección Infantil Feminina: Compostela, 1 e 2/11/15
Preselección Cadete Feminina: Compostela, 1 e 2/11/15

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram