A Estrada recibe ás preseleccións infantís

Coñecida xa cal será a sede do Campionato de España de Seleccións Infantís (do 23 ao 27 de marzo), coas localidades andaluzas de Chiclana de la Frontera e Puerto Real como protagonistas, as preseleccións infantís galegas continúan estes días a completar etapas no seu camiño cara esta meta.

Visitando de novo o Pavillón Manuel Coto Ferreiro, en A Estrada, esta fin de semana terá lugar unha nova sesión de adestramentos para os xogadores e xogadoras preseleccionados nesta categoría.

En primeira quenda, o sábado 16, serán as infantís convocadas polo seleccionador, Armando Otero, as que se reúnan nunha decisiva xornada de traballo, dominada xa pola cercanía do Campionato e da configuración final do equipo.

Xa o domingo, 17 de febreiro, repetirán este esquema os infantís masculinos, da man de Ángel Castro e os seus colaboradores: José González Couto e Daniel Fuentes, este último nas tarefas de Delegado.

Os listados de ambas as preseleccións poden consultarse nos documentos que se achegan.

Preselección Galega Infantil Feminina: 16/02/13
Preselección Galega Infantil Masculina: 17/02/13

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram