A Estrada, nova “capital” para o minibasket galego

Federación Galega de Baloncesto e Concello de A Estrada, coa colaboración de EDM Baloncesto A Estrada; asinaron esta mañá de martes un convenio polo que A Estrada pasa a ser a “Capital Galega do Minibasket”.

En virtude deste acordo de colaboración, asinado por un total de dúas temporadas coa posibilidade de prórroga, a vila pontevedresa constitúese en sede fixa para as actividades federativas que se leven a cabo na categoría Minibasket.

No acto de sinatura, celebrado este mediodía na casa do Concello Estradense, tanto o Alcalde de A Estrada, José López Campos; como o Presidente da Federación Galega de Baloncesto; Francisco Martín; adiantaron o evento máis inmediato que se celebrará no marco desta nova “capitalidade”. Será a Fase Final das Ligas FGB Preminibasket e Minibasket, a desputar os días 26 e 27 do vindeiro mes de maio coa indispensable axuda do persoal do EDM Baloncesto A Estrada, representado tamén esta mañá na firma polo seu presidente, Alfonso Sanmartín. 

30716673 1989021234648914 2364024075019354112 n

Así mesmo, ademais desta competición, nesa mesma fin de semana, vivirase na estrada a festa final do Babybasket, e a celebración dos “Premios Zona Press”, organizados pola Revista Zona Press e que contarán nesta temporada 2017 – 2018 coa colaboración da FGB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram