A Estrada: escenario formativo da man dos colexiados galegos ACB

As designacións para o primero encontro de cuartos de final dos Playoff da Liga Endesa, publicadas esta mañá, contan cos tres árbitros galegos desta categoría: Miguel Ángel Pérez, Carlos Cortés e Jacobo Rial. Esta boa nova completa a súa axenda más próxima, na que tamén figura a súa participación nas Fases Finais Minibasket e Preminibasket FGB (A Estrada, 30 e 31 de maio).

Os tres colexiados galegos ACB percorrerán esta fin de semana a xeografía nacional con dobre obxectivo en mente: a súa participación nos cuartos de final dos Playoffs da Liga Endesa e a súa colaboración co Comité Galego de Árbitros nas tarefas formativas e de promoción enmarcadas dentro das Fases Finais Minibasket e Preminibasket FGB.

Tanto o Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez Pérez; como Carlos Cortés e Jacobo Rial estarán nesta última cita da temporada co Baloncesto Base. Xunto a eles comparecerá tamén Dani Pazos (Grupo 1 FEB) e numerosos compañeiros de Grupo 2 FEB e ámbito CGAB autonómico e Zonal.

O Pavillón Municipal Coto Ferreiro de A Estrada, sede de estas Fases, servirá así como escenario para conxugar aprendizaxe e intercambio de experiencias entre os nosos colexiados de elite e un amplo número de árbitros en plena formación con idades comprendidas entre os 15 e los 22 anos.

Designacións Playoff Liga Endesa

Real Madrid – HERBALIFE Gran Canaria
29/05/2015. 21:00 h
(Hierrezuelo, García Ortiz e Jacobo Rial)

FC Barcelona – FIATC Joventut
28/05/2015 21:00 h.
(Pérez Pérez, Peruga e Fernández)

UNICAJA – Laboral Kutxa Baskonia
28/05/2015 20:45 h.
(Pérez Pizarro, Cortés e Guirao)

Fase Final Liga FGB Minibasket e Preminibasket – CGAB

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram