A Estrada encarna a Paixón polo Baloncesto Base FGB

Concello de A Estrada, E.D.M. Estradense, la Caixa, Deputación de Pontevedra e Federación Galega de Baloncesto sumaron esforzos este domingo, 2 de xuño, e celebraron nesta vila pontevedresa a aposta deportiva baloncestística máis importante da fin de semana.

A FGB convertiu este domingo o Pavillón Municipal Coto Ferreiro e os seus arredores na sede dos tres eventos máis destacados do Calendario do Baloncesto Base na temporada 2012 – 2013. Así, centraron alí toda a atención: a Fase Final das Ligas FGB Minibasket e Preminibasket, o Programa FEB “Plaza 2014” e a Fase Final do proxecto “B3 Escolar – la Caixa”. Un trío de accións que fixeron de A Estrada toda unha festa.

Fase Final Liga FGB Minibasket e Preminibasket
As Ligas FGB Minibasket e Preminibaket celebraron por todo o alto a súa Fase Final. Catro clubs por categoría reúníronse este domingo en A Estrada para competir durante toda a xornada (de 09:30 h a 19.00 h). En total, 16 equipos que baixo un calendario en formato de semifinais e final, decidiron quen se facía co campionato en cada caso.

PLAZA 2014

A Federación Española de Baloncesto e a súa Fundación 2014 trasladaron no día de hoxe á localidade de A Estrada todos os actractivos do seu programa “Plaza 2014”, unha nova forma de promocionar o Baloncesto baixo o formato “3×3”.

Con numerosos equipos de xogadores e xogadoras de entre 7 e 12 anos dando vida á esta visita, “Praza 2014” permaneceu activa durante todo o domingo cunha zona de competición composta por seis pistas e un espazo lúdico cargado de sorpresas.

B3 ESCOLAR – la Caixa
A Fase Final do proxecto “B3 Escolar – la Caixa”, competición minibasket e preminibaket “3×3” promovida pola propia FGB e “la Caixa” reclamou tamén o interese nesta data lúdico – competitiva.

Equipos procedentes da Fase Previa, organizada simultaneamente por C.B. Allariz, Defensores do Morrazo, C.B. As Pontes e C.B Sarria, enfrontáronse en A Estrada para coñecer o nome dos primeiros campións na historia desta competición, que promete celebrar vindeiras edicións no futuro

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram