As Preseleccións Galegas en categoría Minibasket inician esta fin de semana un peche de mes de febreiro no que aplicar toda a súa atención.
Ambos os nosos combinados minibasket afrontarán tres fins de semana continuadas de concentración, nas cales empezar a definir os equipos que representarán a Galicia no Campionato de España, cita que, lembremos, coñeceu o seu calendario esta mesma semana.
A primeira destas tres citas consecutivas de traballo terá lugar este domingo, 16 de febreiro, na sede habitual para as sesións de adestramento das diferentes Preseleccións Galegas nesta 2013 – 2014: o Pavillón Municipal Coto Ferreiro de A Estrada.
Nesta ocasión, cada Preselección, cuxa lista oficial de convocados e convocadas pode consultarse nos documentos que se achegan, terá que personarse en horarios diferentes na pista indicada, optimizando así a xornada de traballo e o uso das instalacións.
Nacho Silva e Fernando Buendía, responsables técnicos dos grupos feminino e masculino, respectivamente, traballaran pois coas súas xogadoras e xogadores baixo o seguinte plan:
Preselección Galega Minibasket Feminina – 16/02714
Adestramentos: 10:00 h – 12:00 h e 16:00 h a 18:00 h
Preselección Galega Minibasket Masculina – 16/02/14
Adestramentos: 12:00 h – 14:00 h e 18:00 h a 20:00 h
Preselección Galega Minibasket Feminina: 16/02/14
Preselección Galega Minibasket Masculina: 16/02/14