A localidade de A Estrada continúa a reforzar o seu compromiso como unha das sedes principais para os adestramentos das Preseleccións Galegas de Base, sendo a quenda, precisamente este mesmo domingo, 19 de xaneiro; dos nosos combinados Infantís.
Ambas as preseleccións desta categoría están chamadas a exercitarse no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro na indicada xornada dominical, compostas por 17 xogadores e 14 xogadoras convocadas para a ocasión.
Armando Otero e Miguel Ángel Hoyo, seleccionadores infantil feminino e masculino, respectivamente, teñen pois ante si unha nova oportunidade de afondar na creación dos seus equipos, tarefa para a que contan tamén por diante cunha completa programación que se estenderá ao longo dos vindeiros meses.
Este planing de traballo, así como as listas oficiais de xogadores e xogadoras citados para este domingo, 19 de xaneiro; poden consultarse nos documentos que se achegan.
Preselección Galega Infantil Feminina – 19/12/13
Preselección Galega Infantil Masculina – 19/12/13
Programación 2014: Seleccións Galegas Infantís