A Estrada acolle de novo o traballo das Preseleccións Galegas

15 xogadores protagonizarán este domingo, 17 de novmebro; una nova concentración da Preselección Galega Cadete Masculina. Con sede en A Estrada, no xa coñecido para eles Pavillón Manuel Coto Ferreiro, o combinado autonómico que dirixe Óscar Díaz adestrará en solitario. As restantes preseleccións cadetes e infantís uniranse a eles o vindeiro domingo, 24 de novembro; data na que adestrarán as catro preseleccións nesa mesma ubicación.

A lista de cadetes citados para este domingo pode consultarse xa nos documentos que achegamos. Pola súa banda, as convocatorias completas para o 24 de novembro estarán disponibles nos vindeiros días. 

Preselección Galega Cadete Masculina – A Estrada (17/11/19)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram