As sensacións extraídas da experiencia “Escola Galega de Árbitros de Baloncesto” comezan a chegar ata nós. Este proxecto do Comité Galego de Árbitros, coñecido XA como ESGAR, congrega ao seu redor a 20 colexiados en pleno proceso de formación e elixidos en virtude da súa proxección.
Esta vintena de alumnos comezou a súa particular andaina na ESGAR o primeiro venres de novembro. Nesta data levouse a cabo a súa primeira sesión didáctica, dirixida polo Xefe de estudos da Escola, o colexiado galego ACB, Jacobo Rial.
As expectativas xerais neste inicio partían ben altas, agardando poder continualas ao longo da temporada. Para coñecer si se cumpriron as boas perspectivas falamos con Sara Solanas, árbitros do Comité Zonal Coruñés e alumna da ESGAR. Estas son as súas reflexións tras a estrea desta pioneira Escola:
Como chegaches ao mundo da arbitraxe de Baloncesto?
O mundo da arbitraxe cheguei dunha maneira un pouco singular. Fun xogadora durante moitos anos a da miña vida, pero debido a certas circunstancias tiven que abandonar o meu deporte favorito. Pasaron uns anos e propúxenme volver a xogar, pero non puiden… Na revisión médica atoparon un síndrome co cal o médico non me deixaba competir, pero si facer deporte.
Nese momento de baixón propuxéronme como alternativa para non esquecerme completamente do baloncesto formar parte del, pero doutra forma: arbitrando. Pareceume a mellor idea do mundo, tomeino con moita ilusión e ademais tamén podería sacarme un diñeiro para os meus gastos.
Esta 2015 – 2016 é o túa segunda temporada no CGAB, que aspectos positivos atopaches neste mundiño?
Moitos mais dos que imaxinei ao comezo da mesma. Aprendes a valorar moitos mais aspectos do deporte dos que xa coñecía como xogadora, coñeces a moitas persoas moi dispostas a axudarte en todo o que necesites. Se te esforzas e traballas podes chegar alto, é difícil pero non imposible, so se precisa esforzo e traballo.
Desde a túa perspectiva como alumna, que obxectivos persoais tes con respecto á ESGAR?
Aprender todo o posible de todos os profesionais que nos rodean, crecer tanto en formación profesional coma en persoal e ademais poder aplicar os meus coñecementos na pista e trasladalos aos meus compañeiros.
Como árbitro en plena etapa de crecemento, que necesidades detectas que precisa o colectivo dos colexiados que vos estades formando?
Na miña humilde opinión creo que se necesitan máis clases teóricas e prácticas nos nosos comités zonais, onde valorar, recordar e expoñer a dúbidas. Facer exactamente o que facemos na ESGAR pero unha tarde nos nosos comités.
Realizaches a sesión inicial de “aulas ESGAR” o pasado venres, seis de novembro; que sensacións recolliches tras a mesma?
Moi instrutiva e prometedora.
Sodes 20 mozos que estades afrontando un paso moi importante na vosa formación como colexiados, detectas optimismo e ganas de aprender entre os teus compañeiros da ESGAR?
Eu non podo falar polos 20 alumnos, pero si polo falar polo grupo de Coruña onde sei a ciencia cerca que temos moita ilusión optimismo e ganas de aprender.
Contades cun bloque de profesores e técnicos de alto nivel, unha oportunidade única. Pensas chegar a cotas tan altas para a túa carreira na arbitraxe?
Ogallá, todos aspiramos a chagar tan alto coma eles, pero sabemos que é ben difícil, traballoso e precísase moito traballo pero estamos dispostos a facelo, polo menos no meu caso.