A Escola Galega de Adestradores intensifica a programación dos Cursos de Iniciación

– Co mes de decembro como referencia para a posta en marcha das primeiras convocatorias, a FGB activa formalmente o prazo de inscrición en tres das súas sete delegacións: Santiago, Vigo e Arousa.

– As restantes delegacións traballan co obxectivo no vindeiro ano 2013, valorando diferentes datas para a realización dos cursos. A máis próxima, A Coruña coa época de Entroido reservada para tal fin.

Aberta a inscrición para os primeiros cursos de iniciación da temporada 2012 – 2013. As Delegacións de Santiago, Vigo e Arousa son as zonais FGB que inauguran o programa formativo. E farano no mes decembro, pechando o 2012 con clases.

Marcados no calendario como posibles días das aulas o 22 e 23 de decembro, así como a semana do 26 ao 30 deste mesmo mes, a data límite para tramitar a inscrición queda fixada para o vindeiro 12 de decembro.

Formalizar inscrición
Os interesados en recoller toda a información relativa ás posibilidades de inscrición poden consultar o documento oficial de convocatoria para este nivel. Igualmente, dispoñen das vías de contacto con cada delegación implicada que os informará puntualmente de todos os detalles.

delegacionsantiago@fegaba.com (981 585 040)
delegacionvigo@fegaba.com (986 228 362)
delegacionarousa@fegaba.com (986 500 481)

Formulario de inscrición – Cursos de Iniciación 2012 – 2013

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram