A Escola Galega de Adestradores inicia nova etapa

A Federación Galega de Baloncesto renova a Escola Galega de Adestradores. A xa vixente temporada 2023 – 2024 abre o traballo da formación para adestradores e adestradoras activando unha nova estrutura para esta Escola e retornando o seu camiño didáctico aos Cursos de ámbito Federativo.

Baixo a dirección de Carlos Colinas, a nova Escola Galega de Adestradores formulará desde este mesmo mes de xullo unha programación que recupera os Cursos de Adestradores de Nivel 1 e Nivel 2 e que se porá en marcha de xeito inminente.

Nesta ruta, marcada polas premisas do prestixio e a calidade, acompañarán a Carlos Colinas; Chete Pazo, como xefe de Estudos da Escola, e cinco técnicos colaboradores habituais coa área deportiva FGB e profesores con experiencia nas anteriores edición dos Cursos FGB. Eles son: Rubén Vazquez, Pablo Abuín, Marcos Vázquez e Xoel Folgueiras. Serán os responsables das áreas de Bloque específico dos Cursos.

Programación

O Calendario de cursos federativos (iniciación, Nivel 1 e Nivel 2) completaranse ademais cun plan de actividades, obradoiros e eventos didácticos que se estenderá ao longo da temporada percorrendo diferentes localizacións da xeografía galega.

A información xeral da Escola Galega de Adestradores pode consultarse AQUÍ. 

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram