A “EDPR Copa Galicia Sénior Masculina” busca en Marín ao seu Campión

Copa Galicia Sénior Masculina – Calendario e Palmarés

A “EPDR Copa Galicia Sénior Masculina” viviu este mércores en Marín a posta de longo dunha especial edición da competición que conta cun novo patrocinador “EDPR Renovables” e que coorganizan Concello de Marín, Club Peixefresco e Federación Galega de Baloncesto.

 

 

Dando o seu respaldo á esta presentación déronse cita en Marín os representantes das institucións organizadoras, acompañados polo Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o Director Xeral de Obradoiro CAB, Jose Luis Mateo; e o Delegado en Galicia de EDPR, Juan Rey.

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, abriu a rolda de agradecementos a todos os implicados, sinalando a capacidade de traballo de Concello e Club locais, que forman parte dun “pobo sempre máis que receptivo para o deporte e o baloncesto”.

Esta mesma sensación subliñárona Rebeca Simes, Presidenta do CB Peixefresco; e María Ramallo, alcaldesa de Marín; quen non quixo deixar de salientar o idilio da súa vila co Baloncesto e coa Copa Galicia, todo grazas a “un esforzo organizativo notorio por parte do Club PeixeGalego”.

Ampliando este recoñecemento mantívose o Secretario Xeral para o Deporte, quen aproveitou para convidar a todos os galegos e galegas a desfrutar desta Copa Galicia masculina “un evento de alto calado do que, por terceiro ano consecutivo, nun feito sen antecedes, faise cargo Marín”.

A competición
A parte deportiva desta Copa estivo representada polo club anfitrión, CB Peixefresco; e por Obradoiro CAB, finalista directo pola súa condición de equipo ACB. José Luis Mateo, director Xeral do equipo compostelán, remarcou o valor desta cita, que dende o club santiagués “toman coa máxima seriedade e ilusión”, nunha fase da temporada “na que as distancias entre ligas e equipos difumínanse”.

Mateo convidou a desfrutar dos tres encontros da Copa, da que o seu rival na final (domingo 22, 12.30 h. Pavillón da Raña) sairá da semifinal que protagonizarán este venres 20 (20.30 h. Pavillón da Raña) Club Ourense Baloncesto e ENCE Marín Peixegalego.

Benvida a EDPR
A novidade nesta edición da copa Galicia chega da man do seu novo patrocinador EDP Renovables, empresa punteira no sector das enerxías renovables, representada por Rocío Sicre, directora Xeral para EDPR España, quen destaca “o privilexio de formar parte deste evento deportivo para EDPR”.

“Galicia é a nosa casa, non só porque albergou as nosas primeiras instalacións en España, senón porque tivemos unha boa acollida e puidemos establecer vínculos e acordos que nos permitiron medrar aquí e contribuír á mellora social e económica da rexión. Xunto coas autoridades e os galegos puidemos reducir significativamente as emisións de CO2 en Galicia e este patrocinio é unha oportunidade para axudar a mellorar o teu deporte e promover prácticas saudables. ” conclúe.

EDP ​​Renováveis ​​(Euronext: EDPR) é líder mundial no sector das enerxías renovables e o cuarto maior produtor de enerxía eólica. Cunha sólida carteira de proxectos en desenvolvemento, activos de alta calidade e unha capacidade de explotación de mercado líder, EDPR experimentou un desenvolvemento destacado nos últimos anos e xa está presente en catorce mercados internacionais (Bélxica, Brasil, Canadá, Colombia , Francia, Grecia, Italia, México, Polonia, Portugal, Romanía, España, Reino Unido e Estados Unidos). EDPR asinou con ENGIE un Memorando de Entendemento para a creación dunha joint venture (50/50) no segmento de enerxía eólica offshore. A nova empresa converterase nun dos cinco maiores operadores eólicos offshore e estará operativa a finais de 2019. Enerxías de Portugal, S.A. (“EDP”), principal accionista de EDPR, é unha empresa líder en electricidade internacional en creación de valor, innovación e sustentabilidade. EDP ​​formou parte do índice de sustentabilidade de Dow Jones durante 12 anos consecutivos.

Entradas
O acceso aos tres encontros desta Fase Final será gratuíto para os menores de 14 anos, e para os maiores de esa idade cun prezo de 10 euros a final, e de 5 euros unha entrada única para semifinal e 4º e 5º posto, encontro que enfrontará a CB Breogán e Básquet Coruña (venres 20, 18.00 h). As entradas do venres poranse á venda unicamente en taquilla, mentres que a entrada da final pode mercarse xa de xeito online a través da web do Club: www.peixegalego.com.

Retransmisión
Os afeccionados e afeccionadas que non poidan asistir a Marín poderán desfrutar do Baloncesto coas retransmisións dos partidos que virán da man, no caso da xornada do venres do streaming da canle en Youtube da Federación Galega de Baloncesto (FEGABA TV) e, no caso da final do domingo, a través da web da CRTVG.

 

 

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram