A Deputación e a Federación Galega de Baloncesto impulsan o “3×3 DepOUrense”, evento que combinará a competición con actividades lúdicas

O evento terá lugar o vindeiro 22 de xuño no Pazo Paco Paz, grazas á cooperación entre a institución provincial e a federación, e permitirá desfrutar a todas as idades dos atractivos do baloncesto en formato 3×3.

A inscrición dos equipos será libre e gratuíta e pódese realizar a través da páxina web  ou ben na da federación. 

Este evento terá tamén un compoñente saudable: todos os participantes gozarán de froita fresca e auga e poderán realizar doazóns de sangue na unidade móbil da Axencia de Doazón de órganos e Sangue do Sergas que estará instalada no exterior do Paco Paz

Grazas á colaboración directa entre a Deputación de Ourense e a Federación Galega de Baloncesto, o Pazo Paco Paz albergará o vindeiro 22 de xuño o “3×3 DepOUrense”. 

Trátase dun evento que combinará a xornada de competición con actividades lúdicas, coa música e as artes urbanas como aliadas perfectas desta práctica deportiva. E contará tamén cun marcado compoñente saudable: todos os participantes gozarán de froita fresca e auga, e poderán realizar doazóns de sangue na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue do Sergas que estará instalada no exterior do Paco Paz.
Os equipos interesados en participantes xa poden facelo ata o 20 de xuño a través da páxina web http://torneo3x3depou.com, ou ben na da propia federación www.fegaba.com. A inscrición é libre e gratuíta.
 
O “3×3 DepOUrense” está aberto á participación de todas as idades. Así, sobre a pista central do Paco Paz e na súa pista auxiliar poranse en xogo as categorías desde premini ata sénior, incluíndo unha categoría +45 e outra familiar, abrindo a posibilidade a todas as idades de gozar dos atractivos do baloncesto en formato 3×3. 
 
A pesares de que o carácter competitivo non é o principal compoñente deste evento, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, un premio especial para os campións en cada categoría e un recordo para todos os participantes, así como outras sorpresas a través de concursos e agasallos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram