A Deputación de Ourense entrega mochilas-botiquín para os clubs da provincia

A Deputación de Ourense recoñeceu este luns, 10 de novembro; a participación e implicación dos clubs coa Copa Deputación nas súas distintas categorías. Nun acto especial, o organismo provincial fixo entrega de medio cento de mochilas – botiquín a un total de 12 clubs, todos eles con presenza en persoa na entrega oficial.

Da man de Bernardino González, asesor de Deportes da Deputación, os clubs recolleron as indicadas mochilas. Estiveron representados CB Universidad de Vigo, CB A Valenza, Club Maristas Ourense, Asociacion Basquet Ourense, Club Ourense Baloncesto, CB Femenino Ourense, CB Maside, CB Xuventude Verin, Asociación Deportiva Bosco, CB Imprenta, CB Purísima e Escola Deportiva Ourense.

Esta entrega súmase á realizada por parte da Deputación o pasado mes de setembro á Delegación da Federación Galega de Fútbol en Ourense doutras 100 mochilas-botiquín equipadas, ademais dos elementos necesarios para curas de primeiros auxilios, con férulas inchables que se empregan para inmobilizar determinadas extremidades en caso de lesión.

En nome da Federación estivo acompañando aos clubs a responsable da zonal FGB en Ourese, María Varela; quen aproveitou para agradecer o xesto da Deputación para cos equipos da provincia.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram