A Deputación de Ourense comprométese coa XXX Copa Galicia

A Federación Galega de Baloncesto e a Diputación Provincial de Ourense suman esforzos en prol da XXX edición da Copa Galicia Sénior Masculina. Esta competición, que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de setembro en Ourense; recibe o respaldo da Deputación de Ourense, institución que se convirte, en virtude a un acordo establecido coa FGB, na patrocinadora principal da presente edición, a cal pasa a denominarse “XXX COPA GALICIA OURENSE PROVINCIA TERMAL”.

A FGB e a Diputación de Ourense farán posible esta cita anual por excelencia co baloncesto galego de elite, a cal levará ao Pazo dos Deportes Paco Paz un completo programa de eventos pensados como homenaxe a todos aqueles fundadores e protagonistas da Copa Galicia durante os seus 30 anos de historia.

A axenda desta “XXX COPA GALICIA OURENSE PROVINCIA TERMAL” compaxinará a pura competición oficial en pista con momentos para a lembranza e o recoñecemento a traxectoria desta competición. Así, os vindeiros 18 e 19 de setembro, poderemos desfrutar en Ourense do seguinte programa:

XXX Copa Galicia Ourense Provincia Termal

18/09/15

(19:00 h) Semifinal XXX edición Copa Galicia Sénior Masculina (Pazo dos Deportes Paco Paz): RIO NATURA MONBUS OBRADOIRO – Ganador Previa X

(21:00 h) Semifinal XXX edición Copa Galicia Sénior Masculina (Pazo dos Deportes Paco Paz): CLUB OURENSE BALONCESTO – Ganador Previa Y

19/09/15

(17:30 h) Partido Selección Galega de Veteráns (Pazo dos Deportes Paco Paz)

(20:00 h) Final XXX edición Copa Galicia Sénior Masculina (Pazo dos Deportes Paco Paz)

(22:00 h) Homenaxe 30 aniversario Copa Galicia (Expourense)

A parte máis emotiva da “XXX Copa Galicia Ourense Provincia Termal” chegará o sábado 19 da man dun encontro amigable entre dúas Seleccións Galegas de veteranos, das que en vindeiras datas coñeceremos aos seus integrantes; así como dunha gala homenaxe que reunirá na sede de Expourense (22:00 h) a parte da historia da Copa Galicia. Os xogadores, adestradores, árbitros e directivos que deron vida e mantiveron en pleno auxe esta competición dende a súa creación en 1987 reuniranse neste acto. Será un peche de luxo para un aniversario moi especial.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram