A Delegación Lucense activa un curso de Iniciación para adestradores

A Delegación da FGB en Lugo reactiva a formación para adestradores na súa etapa de iniciación a través da convocatoria dun novo curso deste nivel, programado para celebrarse os vindeiros días 22, 23, 29 e 30 de xuño. En concreto, dúas fins de semana nas que cumprir as 32 horas lectivas marcadas para o estatus formativo de iniciación.

Inscrición
Os interesados en consultar os detalles que irán completando esta convocatoria aberta poden facelo a través da propia delegación, cuxa rede de contacto permanece aberta a través do seu enderezo delegacionlugo@fegaba.com. Así mesmo, vía telefónica (982 215 765), os responsables desta zonal atenderán as posibles cuestión que xurdan en torno a este proceso de inscrición.

Para aqueles alumnos que desexen tramitar xa a súa participación poden facelo pola mesma vía, achegando o formulario de inscrición preciso e aboando a cota correspondente (200 euros).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram