A Delegación en Arousa abre a formación para novos adestradores

A formación de INICIACIÓN para ADESTRADORES recala en Vilagarcía de Arousa. A Delegación da FGB nesta zona presenta convocatoria para a celebración dun Curso do indicado nivel, orientado aos aspirantes a novos adestradores e marcado no calendario para o mes de outubro.

Baixo a coordinación xeral da Área de Adestradores FGB, e contando coas instalacións do Pavillón de FEXDEGA como sede, a Delegación ofrecerá a formación repartida en dúas fins de semana, as correspondentes aos días 4 e 5 e 11 e 12 do próximo mes de outubro.

Nestas datas levaranse a cabo as diferentes aulas e clases, avaladas neste primeiro curso da 2014 – 2015 co reforzo dun cadro de profesores de experiencia contrastada e cuxa identidade darase a coñecer ao completo nos vindeiros días.

A carga lectiva que comprende o Curso pode consultarse no documento oficial de Normativa deste nivel didáctico. No mesmo, detállanse á vez os requisitos e exixencias que deben cumprir aqueles alumnos que teñan a intención de participar.

Inscrición: límite, 29 de setembro
Aquelas persoas interesadas en tramitar a súa inscrición poden facelo dende este mesmo luns, e ata o vindeiro 29 de setembro. A propia Delegación Zonal será quen recolla o formulario de inscrición oficial (previo pago da cota de acceso: 200 euros) e farao vía mail ou en persoa.

Achegamos os indicados documentos de normativa e inscrición oficial, deixando aberta tamén a vía do email (adestradores@fegaba.com) para atender calquer tipo de consulta relativa a este proceso.

Formación en Iniciación. Adestradores: Normativa 2014 – 2015
Formación en Iniciación. Adestradores: Formulario Inscrición.
Bolsas de Axuda á inscrición. Normativa.
Bolsas de Axuda á inscrición. Normativa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram