A Delegación de Santiago convoca un novo curso de iniciación á arbitraxe

O Comité Galego de Árbitros mantén alto o ritmo de actividades formativas proxectadas para o período setembro – outubro, promovendo, en primeira instancia, as labores de captación e o bloque de actividades no ámbito da iniciación.

Nesta liña, e materializándose como a terceira convocatoria deste tipo no que vai de temporada, a Delegación de Santiago pon en marcha un novo curso orientado a todos aqueles interesados en entrar na dinámica da arbitraxe.

O mesmo, cuxo proceso de inscrición está xa aberto, estenderase, de xeito escalonado, de entre o tres ao 30 de outubro (de 19.00 h a 21.00 h), adaptando neste tempo as 20 horas teórico-prácticas que esixe o nivel de iniciación.

Cumprindo co requisito dunha cota previa de participación de 10 euros, os alumnos tomarán parte dun completo programa de materias, ao que dará inicio o propio Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez. A axenda de datas, e a relación de aulas e responsables de impartilas pode consultarse aquí.

Inscrición: información e contacto
Lembramos os datos de contacto do CGAB na súa delegación en Santiago, ao que os interesados poden dirixirse para solicitar información e tramitar a inscrición no curso.

Comité Zonal de Santiago
Estadio Multiusos de San Lázaro – Porta 14
Santiago de Compostela, C.P. 15707
Teléfono:981.585 040
arbitrossantiago@fegaba.com

Cursos de Iniciación – Outubro 2012: programa completo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram