A Delegación de Coruña chama á participación para un novo curso de iniciación á arbitraxe

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Delegación de A Coruña e baixo a Dirección Técnica de Miguel Angel Pérez, convoca un Curso de Árbitros orientado a todas aquelas persoas interesadas nesta faceta, sen distinción de sexo e a partires dos 14 anos. Sendo a participación, á súa vez, enteiramente de balde.

O curso desenvolverase a partir do vindeiro 19 de marzo e o prazo de inscrición estenderase ata o xoves, 15 de marzo. Os interesados poden tramitar a súa presenza do xeito habitual para estas actividades: ben por correo electrónico (delegacioncoruna@fegaba.com), ou ben por teléfono (981269694). Os datos persoais, a súa posible experiencia previa no Baloncesto e o seu enderezo de contacto serán precisos para cumprimentar este proceso.

Colaboración dos clubs
E, para non desperdiciar a experiencia e coñecementos de antigos xogadores, a Delegación Coruñesa solicita a colaboracións dos clubs para, entre todos, acadar unha maior difusión do curso e chegar así a diferentes públicos, facendo fincapé nas vantaxes da arbitraxe, actividade ben conxugable con estudos e traballo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram