A Delegación de Arousa celebra a súa Fase Final de Minibasket Feminina

A Delegación en Arousa da FGB celebra esta fin de semana, sábado 3 e domingo 4 de marzo, a súa Fase Final Zonal de Minibasket Feminina, organizada neste caso polo C.B. Arxil no Pavillón Multiusos da Xunqueira (Pontevedra).

O club pontevedrés actuará como anfitrión e será o encargado de que todo funcione correctamente. Para iso contará coa colaboración do Instituto Municipal de deportes de Pontevedra,da Diputación Provincial ,da Secretaria Xeral para o deporte, da Fundación Deporte Galego, de Visit Pontevedra, de Mafari café e de Supermercados Froiz.

Esta Fase Final para a categoría mini feminina é a primeira vez que se realiza dentro da traxectoria da delegación arousana FGB, contando para esta estrea co seguinte cadro de participantes: C.B Arxil A, C.B Arxil 2000, C.B. Vilagarcía e Xuven Cambados, chegados ata aquí tras a desputa dunha fase previa en forma de liga en dous grupos.

Un total de 48 xogadoras, máis os seus respectivos adestradores e familiares estarán presentes en Pontevedra durante toda esta fin de semana. Disfrutarán dun calendario baixo a seguinte orde:

Sábado, 3 de marzo de 2012 – Semifinais

16.00 h – Pista 1: C.B. Arxil A – C.B. Vilagarcía

16.00 h – Pista 2: Xuven Cambados – C.B. Arxil 2000

Domingo, 4 de marzo de 2012

10.00 h – Pista 1: Final

10.00 h – Pista 2: 3º e 4º Posto

Con todo preparado en Pontevedra, resta achegarse ata a Xunqueira e involucrase coas xogadoras máis novas e o seu baloncesto.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram