Un ano máis, Básquet Coruña organiza o seu “3×3. Virgen del Rosario”, torneo a celebrar baixo o indicado formato 3×3 e que este ano terá lugar este sábado, 4 de outubro nas instalacións de “La Hípica”.
En horario de 10:00 h a 14.00 h, os xogadores e xogadoras que se animen a participar poderan desputar encontros repartíndose os mesmos baixo as seguintes categorías:
-Benxamín: nados no 2005 e 2006.
-Alevín: nados no 2003 e 2004.
-Infantil: nados no 2001 e 2002.
-Cadete: nados no 1999 e 2000.
-Junior: nados no 1997 e 1998.
Os partidos terán unha duración de 10 minutos e cada equipo deberá estar formado por un mínimo de 4 xogadores e un máximo de 6. Para participar unicamente debese cubrir o boletín de inscrición do teu equipo, así como as autorizacións pertinentes. Non é exclusivamente necesario contar con licencia federativa para solicitar esta inscrición.
O formulario de participación debe entregase nas oficinas de Básquet Coruña ou enviarse por email (club@basquetcoruna.com). O prazo de inscrición finaliza este xoves, 2 de outubro, ás 20:00 horas.
“3×3. Virgen del Rosario”. Formulario.
“3×3. Virgen del Rosario”. Autorización.