A Coruña recibe á Ruta Ñ o 6 de agosto

España xogará na cidade herculina contra Canadá un amigable na súa preparación de cara á Copa do Mundo que se disputará do 30 de agosto ao 14 de setembro en España. Para esta especial cita xa están á venda as entradas para que todo o que queira seguir a unha das mellores seleccións do mundo sexa un máis no campo.

O vindeiro 6 de agosto a Ruta Ñ desembarca en A Coruña (Coliseum) nun ano moi especial xa que tras a fase de preparación de España, a Selección será a anfitrioa da Copa do Mundo FIBA 2014. A cidade galega acolle este verán o amigable España-Canadá con todas as súas estrelas presentes no ano máis ilusionante para o baloncesto español. Un plantel no que os doce xogadores se atopan entre os mellores do mundo e que estarán ao alcance de todos aqueles que queiran gozar do España-Canadá.

Nun día que, ademais do partido, haberá multitude de sorpresas ao redor do Coliseum na “Fan Zone FEB” xa podes facerte coa túa entrada en www.entradas.comAsí mesmo, en breves datas, a Federación Galega de Baloncesto porá á venda entradas para este encontro ofrecendo un desconto especial para os seus federados.  

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram