A Coruña, preparada para recibir o desembarco da fase provincial do Torneo “3×3 Plaza 2014”

Nun marco tan especial como o da Praza de María Pita, e baixo a coordinación de Básquet Coruña e o apoio da FEB, un total de 42 equipos reuniranse este sábado na cidade herculina para disfrutar do formato “3×3″ baixo o programa ” Plaza 2014″, que ten como finalidade a promoción e a práctica do baloncesto a todos os seus niveis e coa modalidade do “3×3” como bandeira.

Os 42 equipos competirán, a partir das 10.00 h, repartidos nun total de 5 categorías, dende premini ata júnior. Todos terán a oportunidade de gozar nas seis pistas instaladas na mítica praza coruñesa, sede que contará a maiores cunha atractiva zona de ocio e inchables.

A festa deste sábado será ademáis o aperitivo perfecto para a decisiva fase final autonómica deste “Torneo 3×3 Plaza 2014”. A cita nesta ocasión terá tamén á cidade coruñesa como escenario, trasladando de novo á rúa, o vindeiro 20 de xullo, o mellor espectáculo do Basket.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram