A Coruña divírtese co Praza 3×3 CaixaBank

(Foto:FEB)

Os Xardíns de Méndez Núñez da Coruña viviron este sábado a sexta parada do circuíto Praza 3×3 CaixaBank, no que participaron máis de 250 xogadores e xogadoras inscritos en 63 equipos de todas as categorías. Disputáronse un total de 128 partidos e o Embaixador FEB Fernando Romay fixo as delicias dos seus paisanos.

O emblemático emprazamento dos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña viviu este sábado unha inesquecible xornada do Praza 3×3 CaixaBank, na que participaron máis de 250 xogadores e xogadoras de todas as categorías, xogáronse 128 partidos e o Embaixador FEB Fernando Romay fixo as delicias dos seus paisanos.

Foi a sexta parada do circuíto do presente ano, que en datas anteriores realizou paradas en Melilla, Madrid, Málaga, Palma, Pamplona e a próxima semana estará en Santander. A xornada na capital coruñesa contou  ademais coa presenza de case 4.000 visitantes e a colaboración dun equipo de voluntarios adscritos ao exitoso Programa de Voluntarios FEB-CaixaBank.

A xornada desenvolveuse aproximadamente desde as 09:30 h ás 19:00 h, e celebráronse non só as competicións por categorías senón tamén os habituais concursos organizados polo Embaixador FEB Fernando Romay. Do mesmo xeito que en todas as paradas deste circuíto, garantiuse en todo momento o cumprimento dos protocolos sanitarios para garantir a saúde de participantes e visitantes.

Ao final da xornada, como en todas, procedeuse á repartición de premios aos gañadores. O evento contou co apoio institucional do Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, así como coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto.

O circuíto pódese seguir en todos os seus detalles a través da páxina http://www.feb.es/plaza3x3.aspx.

Mónica Martínez: “Unha xornada emocionante”

A concelleira de deportes do Concello da Coruña quixo remarcar que “foi unha xornada emocionante ver a tantos nenos e nenas gozando co baloncesto, non só competindo… Ademais, nun escenario de luxo. O noso agradecemento á Federación Española e CaixaBank por traer este evento á nosa cidade”.

Rubén Soto: “É un privilexio sacar o baloncesto á rúa”

O director de oficina Store de CaixaBank, Rubén Soto Varela, asegurou que “estamos encantados de vivir un sábado como este, é xa a terceira vez que vimos á Coruña e é un privilexio sacar o baloncesto á rúa. Foi unha xornada preciosa que esperamos repetir en anos próximos”.

Daniel Illán: “Un pracer colaborar nestes eventos”

Daniel Illán, membro da Xunta Xestora da Federación Galega de Baloncesto, asegurou: “Para nós é un pracer colaborar en eventos como este, que serven para que todos nos divirtamos co baloncesto. Estamos encantados con que a FEB e CaixaBank conten connosco.”

Fernando Romay: “Cada vez temos máis participación, é unha gozada

E para o Embaixador FEB Fernando Romay, que ademais exerceu na súa patria moza, “o Praza 3×3 CaixaBank é un extraordinario proxecto, levamos xa dez anos chegando a cidades de toda España e cada vez con máis participación, nenos, nenas, pais e nais. Para nós é unha gozada vivir sábados como o que vivimos aquí na Coruña”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram