A Federación Galega de Baloncesto, encabezada polo seu presidente, Francisco Martín; inicia este martes 27 a súa rolda de visitas e reunións cos clubs de todas Galicia, a cal levará acabo a través das correspondentes Delegacións Zonais FGB.
A zonal coruñesa é a encargada de abrir estas reunións coa presenza do propio Presidente FGB no salón de Actos do Complexo Deportivo Elviña, a partir das 19.15 h.
Nesta cita co debate e a reflexión xunto aos clubs comparecerán tamén o Vicepresidente FGB, José Manuel Villamarín; o Director Técnico do CGAB; Miguel Ángel Pérez; a Secretaria Xeral, Susana Fernández; e o novo membro do equipo directivo FGB coa labor de ligazón cos clubs, Xosé M. Castelao. Os catro atenderán ás demandas dos clubs e compartirán con eles obxectivos, proxectos e inquedanzas.
Esta convocatoria herculina abre unha axenda que se completará baixo a seguinte orde:
Arousa (02/02/15) Sede: Auditorio Vilagarcía Sala, 2. (19.15 h)
Santiago (03/02/15) Sede: Federación Galega Baloncesto. (19.15 h)
Ourense (10/02/15) Sede: Delegación Ourense (19.15 h)
Vigo (23/02/15) Sede: Delegación Vigo (19.15 h)
Lugo (03/03/15) Sede: Delegación Lugo (19.15 h)