A Copa Galicia de Baloncesto Sénior Feminina celebra este ano a súa XXX edición vinculando competición e homenaxe.
O baloncesto feminino galego está de noraboa. A súa competición copeira por excelencia, a Copa Galicia, cumpre 30 anos e para celebralo a Federación Galega aposta por un evento multidisciplinar que terá como escenario a cidade de Vigo.
XXX Copa Galicia Sénior Feminina – calendario
O vindeiro 17 de setembro, no Pavillón de Navia, a entidade federativa celebrará a final oficial da edición 2016 da Copa (19:30 h), un encontro que virá precedido doutro partido, este cun matiz especial.
A FGB, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo, reunirá na cidade olívica a dúas Seleccións Galegas de Veteranas, Galicia Norte e Galicia Sur. Estes dous equipos enfrontaranse en encontro amigable (17:00 h) como previa á final oficial vixente e como homenaxe e recoñecemento a todo o Baloncesto feminino da nosa Comunidade así como á historia da Copa Galicia e a súa primeira final, disputada en Caldas de Reis, no ano 1987, entre Círculo Mercantil de Vigo e Pio XII de Santiago, con triunfo para as de Vigo (73 – 69).
Xogadoras e adestradores da época rememorarán na pista as súas vivencias, configurando dous combinados repletos de talento e con representación de toda Galicia:
Galicia Sur
Xogadoras: Adoración Barciela Fernández, Ana Isabel Nieto Lorenzo, Ana Ruth Cerdeira Cuíñas, Carmen Patiño Vázquez, Celia Fernández Teijeiro, Clavel Blanco Pérez, Marta Eguia Louzán, Mercedes Rial Vázquez , Rita Tourón Torrado, Sara da Rocha Prado, Cristina Silva Herencia, María Teresa Méndez Fernández, Fernanda Domínguez Nieto, Nuria Vila Romeu, María Victoria Fernández Carballo, Marta Méndez, Rocío Carballo e Montse Abeijón.
Corpo Técnico: Suso Cobián, Susana García Senra, Marisol Paíno Serrano e Paco Martínez.
Galicia Norte
Xogadoras: Mariluz Montero, Paula Rodríguez, María Jesús Seoane, Mónica García, Rita Cea, Ana María Costa, Ana Rosa González, Ángela Rodríguez, Belén Iglesias, Maruxa Armenta, Inés Granell, Conchi Delgado, María José López, Carmen Piñeiro, Paz Paz, Covadonga Salgado e Rosario Sureda
Corpo Técnico: Jose Luis Arcos, Víctor Varela, José Manuel Martínez e Teresa Pardo.
O programa desta especial XXX edición da Copa Galicia Sénior Feminina pecharase cun acto de homenaxe (Auditorio Mar de Vigo, 22:30 h), no que se rememorará a traxectoria e a contribución dos diferentes activos da Copa Galicia ao longo dos seus 30 anos de historia.