Chega a derradeira fin de semana de competición oficial FGB 2012 – 2013, marcada neste caso polos encontros finais en determinadas categorías para a Copa Deputación de Pontevedra e para a Copa Primavera Zonal.
Copa Deputación de Pontevedra
As Delegacións de Vigo e Arousa vivirán este sábado, 15 de xuño, o cese da súa temporada oficial cun remate de luxo para a mesma: os encontros finais da Copa Deputación de Pontevedra na súa categoría Infantil, masculina e feminina.
O Baloncesto visitará ambas as zonas repartindo as sedes destas finais para que todos poidan desfrutar do seu atractivo. Así, a localidade de Cambados servirá de escenario para a final feminina, mentres que será Ponteareas a vila que acolla a masculina.
Os horarios de estes dous encontros, así como os que corresponden ás finais da Copa Primavera (A Coruña e Vigo) que aínda restan por disputar e fano tamén esta fin de semana, poden consultarse nos listados que, de xeito habitual, se incorporan á web.