A Comisión Delegada aproba o proxecto do Regulamento Electoral FEB

Despois do reamte do período de alegacións, a Comisión Delegada aprobou o proxecto de Regulamento Electoral da FEB. Agora trasládase ao Consello Superior de Deportes para a súa aprobación definitiva e fixar o 22 de abril como data da elección de asembleístas e o 20 de maio como data da celebración da Asemblea Xeral que elixirá á Comisión Delegada e á Presidencia do período 2024-28.  

Este venres a Comisión Delegada da FEB reuniuse e aprobou o borrador do Regulamento Electoral da FEB, o calendario do proceso de eleccións á Asemblea Xeral, a Comisión Delegada e a Presidencia correspondentes ao ciclo olímpico 2024-28.

Agora o proxecto de Regulamento Electoral será remitido ao Consello Superior de Deportes para a súa aprobación. En caso de aprobación por parte do CSD o proceso electoral iniciaríase o 11 de marzo; a elección de asembleístas sería o 22 de abril; o inicio de presentación de candidatos á Presidencia comezaría o 26 de abril e terminaría o 7 de maio.

Por último, a celebración da Asemblea Xeral que determinará a elección de Presidente/a e os membros da Comisión Delegada sería o próximo 20 de maio.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram