A categoría Preminibasket celebra a súa “I Xuntanza de Seleccións Zonais”

A Área Deportiva FGB, recuperando o formato estreado en decembro de 2013, reúne de novo ás Seleccións das súas Delegacións Zonais, convocando para a ocasión a xogadores e xogadoras en idade Premini. No obxectivo: a “I Xuntanza de Seleccións Zonais” desta categoría.

Esta concentración, que terá lugar en O Grove grazas a colaboración do C.B. O Meco e do Concello desta localidade; está programada para este domingo, 22 de xuño, no Pavillón Municipal Monte da Vila.

Un total de 160 xogadores e xogadoras procedentes de todos os puntos da nosa Comunidade conformarán as 16 seleccións preminis citadas para a ocasión pola Área Deportiva FGB.

Na pista, e co obxectivo de avaliar as características competitivas de cada un deles, a FGB reunirá 16 a combinados preminibasket, oito masculinos e oito femininos, correspondentes ás sete delegacións zonais FGB (Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Arousa e Ourense) e ás divisións locais de A Mariña (masculino) e Arousa Norte (feminino).

O calendario de xogo presentado para esta “I Xuntanza de Seleccións Zonais Preminibasket” ofrecerá a posibilidade de ver en xogo a todos os equipos en tres partidos diferentes, repartidos noutras tantas pistas de xogo.

Nestas estará tamén o bloque de 32 adestradores responsables de comandar, por parellas, cada selección. Tarefa esta crucial, vixiando o estado deportivo dos seus pupilos e guiándoos nunha nova convocatoria para a aprendizaxe.

A convivencia, a deportividade e a competición conformarán os principais alicerces desta “I Xuntanza de Seleccións Zonais Preminibasket”, da que remitimos o calendario e os listados oficiais dos integrantes de cada equipo.

Seleccións Zonais Preminibasket: A Mariña.
Seleccións Zonais Preminibasket: A Coruña.
Seleccións Zonais Preminibasket: Lugo
Seleccións Zonais Preminibasket: Arousa
Seleccións Zonais Preminibasket: Ferrol.
Seleccións Zonais Preminibasket: Ourense.
Seleccións Zonais Preminibasket: Vigo.
Seleccións Zonais Preminibasket: Santiago.
“I Xuntanza de Seleccións Zonais Preminibasket”: calendario.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram