A “Aula Formativa do Adestrador Galego” viaxa a Pontevedra con Antonio Pérez

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB achegan a Pontevedra o seu programa didáctico “Aula Formativa do Adestrador Galego”. Da man do técnico galego Antonio Pérez, ambas as entidades promoven unha nova charla téorico – práctica orientada a adestradores de todas as categorías e que terá lugar o vindeiro domingo, 17 de febreiro.

O Pavillón da Xunqueira será a sede desta actividade na que Antonio Pérez compartirá cos presentes a súa experiencia en torno á “Metodoloxía en Construción Ofensiva dun Equipo en Formación”. A súa intervención dará comezo ás 11.30 h, sendo posible grazas á desinteresada colaboración do Club Estudiantes de Pontevedra.

Participación
A Aula Formativa do Adestrador Galego ofrece todas as facilidades posibles para tramitar a inscrición nas súas charlas. E neste caso, como en anteriores ocasións, a participación ten carácter aberto e completamente de balde. O único requisito a cumprir por parte dos interesados é o de comunicar a súa intención de tomar parte da mesma, enviando os seus datos persoais ao enderezo adestradores@fegaba.com.

Lembrar que a participación nesta actividade poderá validarse por tres horas de formación práctica para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram