A Aula Formativa do Adestrador Galego, activa este domingo

A Aula Formativa do Adestrador volve a actualidade catro meses despois da súa última convocatoria. O programa didáctico da Área deportiva FGB dirixido a todos os adestradores da nosa Comunidade reactívase esta mesma semana coa celebración en Vilagarcía de Arousa (Pavillón de Castelao) de dúas charlas consecutivas.

Coa colaboración do Concello de Vilagarcía e CB Vilagarcía, este mesmo domingo, 10 de abril, a FGB convida aos técnicos Rubén Vieira, Preparador Físico en Club Ourense Baloncesto (LEB Oro); e Darío Méndez, director técnico en Porriño Baloncesto Base; a guiar estas dúas intervencións baixo o seguinte programa:

(16:30 h) Rubén Vieira: “Como optimizar a resposta nos adestramentos de formación”.

(18:15 h) Darío Méndez: “Uso de bloqueos en formación: para que, cando e como”

Inscrición
O proceso de inscrición para esta dobre convocatoria da Aula Formativa mantén o seu requisito habitual: o envío, por parte dos interesados, dun email a adestradores@fegaba.com solicitando a participación e indicando os seus datos persoais, club de referencia e título da charla en cuestión. A data límite para materializar esta acción está marcada para o venres, 8 de abril (ás 19:00 h).

Validación
Igualmente, respectando tamén o proceso de validación deste programa, os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB que participen da xornada completa poderán transformar a súa asistencia por un total de 8 HORAS de formación individual complementaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram