A “Aula Formativa do Adestrador Galego” estrea temporada

A “Aula Formativa do Adestrador Galego” xa ten data para a súa primeira cita da temporada. Cun programa triple de charlas, esta plataforma didáctica da área de Adestradores FGB viaxará o vindeiro sábado, 16 de setembro; a Vilagarcía de Arousa (Pavillón Fexdega), grazas á colaboración de Concello de Vilagarcía, CLB e C.B. Vilagarcía. 

Nesta ocasión, esta nova “Aula Formativa” ofrecerá un combinado de teoría e práctica enmarcado nun programa  que se estenderá de 09.45 h a 14.00 h coas seguintes tres temáticas diferentes e os correspondentes técnicos de referencia como guía das mesmas: 

“Deseño do Adestramento en Formación” (Relator: Nacho Silva. Seleccionador Galego Cadete).

“Optimizar a ensinanza dun Fundamento” (Relator: Cristino Menor Parra. Director Deportivo Estudiantes Lugo).

Explicación dos novos cambios nas Regras de Xogo. (Relator: Miguel Ángel Pérez. Director Técnico do Comité Galego de Árbitros. Árbitro Internacional FIBA).

Inscrición 
Os interesados en participar nesta particular “Xornada Didáctica” deben solicitalo previamente vía mail con envío a adestradores@fegaba.com remitindo no mesmo: datos persoais, club de procedencia e referencia da “Aula”. A data límite para a inscrición está estipulada no vindeiro xoves, 14 de setembro. 

Validación
Esta “Xornada Didáctica” nace como oportunidade de recuperación para os alumnos que rexistren materias pendentes nos cursos de iniciación da pasada temporada 2016 – 2017. Todos eles poderán conquerir a superación destas coa súa participación, de xeito completo, nesta cita.

Así mesmo, para aqueles adestradores coas titulación vixentes aptas, a validación desta aula materializarase cun total de 4 horas (iniciación) e 8 horas (nivel 1, nivel 2 e CES).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram