Obradoiro CAB e a Federación Galega de Baloncesto renovan o acordo polo cal a “Aula Formativa do Adestrador Galego” continuará vixente na actual temporada 2013/2014.
Creada en setembro de 2012 como plataforma de formación continua e debate para os adestradores galegos, esta iniciativa resultou un éxito no seu primeiro ano de existencia coa realización de charlas técnicas que enriqueceron a todos os asistentes ás mesmas.
Mantendo esta liña e ampliando esforzos, o propósito de ambas entidades nesta nova etapa é o de manter o nivel dos relatorios e conferenciantes desde todas as perspectivas posibles do noso deporte.