A “Aula Formativa do Adestrador” chega a Ferrol

O programa “Aula Formativa do Adestrador” celebra este domingo, 4 de marzo; a súa segunda convocatoria da temporada 2017 – 2018. Elixindo neste caso Ferrol como sede, o departamento de adestradores a FGB propón unha dobre charla didáctica, orientada a todos aqueles adestradores que desexen escoitar en persoa a Sandra Prieto, adestradora axudante no Star Center Universitario Ferrol (Liga Feminina); e Diego Fernández, adestrador do equipo EBA de Santo Domingo de Betanzos.

Ambos ofrecerán no Pavillón ”Casa do Deporte” (Avenida de Castelao s/n. Caranza) sendas intervencións, catalogadas pola FGB como “evento formativo básico” e centradas na seguinte temática:

(16.30 h) Sandra Prieto: “Respostas defensivas lonxe do balón: tipo de axudas e rotacións”.

(18.00 h) Diego Fernández: “Capacidade ofensiva do xogador desde o traballo técnico”.

Inscrición e validación formativa
O proceso de inscrición nesta nova “aula” é o habitual para este formato: solicitude de participación vía mail (adestradores@fegaba.com) remitindo club de procedencia e denominación da actividade. Nesta ocasión, o prazo para realizar este trámite vence este mesmo venres, 2 de marzo.

Pola súa banda, a validación formativa computarase por 8 horas de Formación Complementaria para os alumnos dos cursos de adestradores FGB que participen.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram