A Asociación Basket Ourense (ABO) pon en marcha a IV edición do seu Campus de Baloncesto Base, marcado para os próximos días 14, 15 e 16 de abril. O Pavillón Municipal dos Remedios acollerá así nestas datas unha completa combinación de actividades que irán dende a propia práctica deportiva ata talleres de lecer e tempo libre.
Orientado a nenos a nenas nados entre os anos 2000 e 2008, ambos inclusive, o IV Campus de Baloncesto Base traballará diferentes aspectos técnicos acordes á idade de cada participante, compaxinando esta faceta con competicións individuais (1×1, 3×3, two ball, etc) e en equipo. Todo, dirixido por adestradores titulados e monitores de ocio e tempo libre.
Inscrición
A posibilidade de inscribirse neste IV Campus de Baloncesto Base permanece aberta e así estará ata o vindeiro venres, 11 de abril. Antes desa data, todos os interesados en tomar parte deberán enviar a ABO a folla de inscrición, que achegamos xunto a esta información. debidamente cuberta.
Os detalles relativos a este proceso, así como ás diferentes opcións de prezo de matrícula en función da manutención e transporte, poden consultarse no xa indicado formulario oficial de inscrición, así como, directamente, na entidade ourensá a través dos seus contactos de teléfono (660181109) ou email (escuelaabo@gmail.com).