A Asemblea Xeral FGB 2018 – 2019: conformada a normativa para a nova temporada

A Federación Galega de Baloncesto materializou na tarde do luns, 17 de xuño, a súa Asemblea Xeral correspondente a temporada 2018 – 2019.

Na sede habitual para este tipo de citas, Santiago de Compostela; 44 asembleístas dun total de 72 convocados déronse cita no marco desta Asemblea para proceder, ens egunda convocatoria (18.30 h) a xa habitual orde do día pola cal se tramistiron, ao detalle, as memorias da actividade de cada área de traballo FGB, así como se someteron a votación, previo debate das emendas presentadas se era o caso o Calendario de actividades, o Regulamento, as contas e a Normativa para a temporada 2019 – 2020.

Para a consulta de todo o exposto tanto polo Presidente FGB, Francisco Martín; e polos reponsables deportivo e arbitral, Carlos Colinas e Miguel Ángel Pérez; xa poden descargarse os informes correspondentes. Pola súa banda, para coñecer as modificacións levadas cabo nas Bases de competición aprobadas teremos que agardar aos vindeiros días. 

Informe de Actividades FGB 2018 – 2019: Bloque 1
Informe de Actividades FGB 2018 – 2019: Bloque 2
Calendario Actividades FGB – 2019

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram