A Área Deportiva FGB renova a súa nómina de responsables zonais

Coa chegada da temporada 2012 – 2013, e a incorporación da figura dun novo responsable da Área Deportiva, Carlos Colinas; reestrutúrase tamén o grupo de colaboradores que trasladará a cada Delegación a súa actual filosofía de traballo.

Deste xeito, as sete Delegacións Zonais FGB incorporan novos activos para desenvolver o Programa de Tecnificación 2012 – 2013, contando en certos casos con adestradores xa vinculados na pasada temporada ao organigrama FGB.

O vixente plantel de colaboradores engade ademais a presenza dun responsable específico para a zona de Bergantiños. Unha división xeográfica que xurde coa intención de rendabilizar as convocatorias e os seus resultados deportivos.

A relación dos actuais responsables zonais comprende os seguintes nomes: Mariña Penedo (Delegación A Coruña), Javier Cotelo (Zona Bergantiños), Hector Piñeiro (Delegación Ferrol), Julia Pena (Delegación Lugo), Lucía González (Delegación en Ourense), José Luis Pérez (Delegación Vigo), Rubén Domínguez (Delegación Arousa) e Iago Rodríguez Palmeiro (Delegación Santiago).

Cada un deles atópase traballando xa en materializar o completo programa provisional de tecnificación que establece a Área Deportiva da FGB e cuxas datas poden consultarse no documento que se achega.

E a primeira mostra do seu bo facer tivo lugar este domingo, en concreto na Delegación de Ourense, que celebrou a apertura dos CETIS para esta 2012 – 2013.

Programa de Tecnificación 2012 – 2012: planificación provisional.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram