A Área Deportiva FGB renova a configuración das Seleccións Galegas Infantís e Cadetes

O Departamento Deportivo da Federación Galega de Baloncesto comunica a nova estrutura de técnicos para as súas Seleccións Galegas en categoría Infantil e Cadete.

Co obxectivo de continuar a traballar intensamente nesta nova etapa, e na intención de apuntalar canto antes as bases do bo camiño a percorrer, dende a Área Deportiva da FGB, co seu responsable, Carlos Colinas, á cabeza, contarase cun bloque de técnicos no que se conxugan renovacións e caras novas, todos dispostos a dar o mellor de si dentro da dinámica FGB.

O Staff 2013 – 2014, que xa ten en axenda as primeiras concentracións, dirixirá aos combinados galegos baixo a seguinte organización.

Selección Galega Cadete Masculina
Seleccionador: César Iglesias Molares (CD Bosco)
Axudante: Álvaro Abuin Mallo (Estudiantes Lugo)
Delegado: Cuco Rodríguez Trigo (Estudiantes de Pontevedra)

Selección Galega Infantil Feminina
Seleccionador: Armando Otero Roberes (Pontumio)
Axudante: Sandra Prieto Sánchez (Universitario Ferrol)
Delegada: Carmen Piñeiro Ramos (Universitario Ferrol)

Selección Galega Infantil Masculina
Seleccionador: Antonio Pérez Caínzos (FGB)
Axudante: José González Couto (Arcade)
Delegado: Rubén Vázquez López (Maristas Coruña)

Selección Galega Cadete Feminina
Seleccionadora: Cristina Cantero Ostos (CD Bosco)
Axudante: Diana Piñeiro Fernández (AD Cortegada)
Delegada: Cristina Castells Castaño (CD Bosco)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram