A Área de Adestradores abre a súa programación formativa 2014 – 2015

A temporada 2014 – 2015 comeza con intensidade no que a formación para adestradores se refire. A Área Deportiva FGB abre este sábado, 13 de setembro, en Lugo, o seu programa didáctico coa convocatoria de dúas actividades conxuntas orientadas a todos os técnicos da nosa Comunidade

No marco da Fase Final da XXIX Copa Galicia Sénior Masculina, e da man de dous colaboradores especiais para a ocasión, C.B. Breogán e Comité Galego de Árbitros; os adestradores galegos poderán ser partícipes de dúas charlas –coloquio nas que intercambiar e renovar ideas.

En primeira instancia, entre as 11:15 h e as 12: 15 h do sábado, os adestradores galegos poderán desfrutar da experiencia e coñecementos do técnico do Ribeira Sacra Breogán, Lisardo Gomez. A temática escollida para a ocasión polo lucense comprende as “Aplicacións do Baloncesto Formativo ao Mundo Profesional” e a sede destinada para levala a cabo é o Anexo ao Pazo Provincial dos Deportes.

Acto seguido, a partir das 12:30 h, o interese desprazarase ata o Albergue Residencia Juvenil Lugo II para, da man do Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Peréz Pérez, dar forma a unha xuntanza combinada na que adestradores e árbitros galegos compartirán cuestións de criterio e normativa.

Pérez Pérez, responsable do CGAB, ACB e internacional FIBA; estará en Lugo presente, ademais, con motivo do Clinic de Pretemporada do Comité, no que participarán un total de 80 membros.

Inscrición

A presenza e participación dos técnicos galegos en ambas as charlas, que se computan de xeito conxunto e indivisible, debe solicitarse previamente vía mail (adestradores@fegaba.com), enviando a inscrición e detallando nome, apelido, club de pertenza e, no caso de ser alumnos dos Cursos de Nivel 1 e Nivel 2, indicalo. A posibilidade de realizar esta xestión permanece aberta ata ás 14:00 h deste mesmo venres, 12 de setembro.

Salientar que os adestradores galegos que tomen parte da dupla de charlas, exceptuando aos alumnos dos actuais cursos de Nivel 1 e Nivel 2, poderán sumar seis horas de formación continua.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram