A Área de Saúde FGB entra na dinámica das Preseleccións Galegas

Á Area de Saúde da FGB traballa xa na avaliación física das preseleccións galegas. Os combinados autonómicos en categoría infantil e cadete contan, dende a súa última convocatoria desta pasada fin de semana, co control e asesoramento dos responsables do ámbito da saúde que a FGB incorporou nesta temporada.

Cada xogador e xogadora preseleccionada son obxecto dende este pasado venres, 12 de outubro, dunha análise coa que determinar os aspectos físicos máis importantes para o desenvolvemento da práctica deportiva e dunha vida saudable.

A área de Saúde da FGB recollerá e avaliará un cadro completo de datos relativos ao peso, envergadura e índice de masa corporal de cada xogador e xogadora. Un proceso que se inaugura coa intención de estendelo e manter un continuo exame sobre o percorrido e progreso físico de cada xogador.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram