A Área de Saúde FGB asesora aos colexiados galegos

O Departamento de Saúde da FGB traballa cóbado con cóbado co Comité Galego de Árbitros. A través da “Zona de Dúbidas” posta en marcha por ambas AS áreas da Federación ofrece xa orientación sobre aspectos físicos aos colexiados galegos.

A resposta dos integrantes do Comité ante este servizo está a ser ben activa, podendo consultar xa na sección correspondente desta web, “Área de Saúde – Zona de Dúbidas”, as súas primeiras dúbidas e preguntas, coas correspondentes respostas e consellos que lles achegan os responsables da Área de Saúde.

O traballo físico post – partido, as rutinas de preparación ou os aspectos alimenticios que poden axudar durante a xornada de encontros, protagonizan as primeiras consultas. Na citada sección “ÁREA DE SAÚDE – ZONA DE DÚBIDAS” poden ollarse as mesmas.

Lembrar que este servizo de asesoramente permanece aberto para todas aqueles colexiados interesados en botar man del. (areamedica@fegaba.com)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram